Saltar ao contido

Cruz Gallástegui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCruz Gallástegui

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de maio de 1891 Editar o valor en Wikidata
Bergara, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Director Misión Biolóxica de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade Cornell Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro agrónomo, xenetista, veterinario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Galiciana: 91636 BNE: XX883097 Dialnet: 2452873

Cruz Angel Gallástegui Unamuno, nado en Bergara (Guipúscoa) o 3 de maio de 1891[1][a] e finado en Pontevedra o 7 de maio de 1960,[2] foi un enxeñeiro agrónomo, xenetista e veterinario. Foi pioneiro en Europa en experimentar cos híbridos do millo e grande impulsor da mellora e da modernización da agricultura galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rematou o bacharelato en Bilbao en 1908 e, en 1909, marchou por indicación de seu pai, a facer estudos agropecuarios en Limoges onde obtivo a Diplomatura en Xardinería e Arboricultura froiteira e traballou tamén como peón agrícola nun viveiro de árbores froiteiras.[2] En 1914, trasladouse á Real Escuela Superior de Agricultura de Hohenheim-Stuttgart (Württenburg), onde cursou estudos de enxeñería superior agrícola, que finalizou ese mesmo ano. alí coñeceu a Julián López Suárez, quen lle presenta a seu irmán Juan, de quen se fará moi amigo.[1]

A finais de 1917, animado polo seu amigo Juan López Suárez (Juan de Forcados), trasladouse a Nova York, onde conseguiu unha bolsa de estudos da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) para continuar os seus estudos e se especializou en xenética.[3] En 1920 marchou a México, onde puxo en práctica os seus coñecementos na plantación dun seu tío, e estivo ata febreiro de 1921.

En marzo de 1921, logo do doutoramento polas universidades Harvard e Cornell, desembarcou na Coruña e xunto con Juan López Suárez convenceron á JAE para que se creara a Misión Biolóxica de Galicia, un centro de bioloxía aplicada á agricultura, que dirixiu dende o seu inicio.[2] Nese ano o laboratorio instalouse en dous locais da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela, contando tamén cunha horta nunha parcela de media hectárea.

En 1924, con 33 anos de idade, casou en Santiago con Elisa Fraiz y Tafall, con quen terá dous fillos, Lourdes e Juan Antonio.

En 1925 participou en Lugo no I Congreso de Economía Galega e en 1926 no III Congreso Agrario Rexional en Pontevedra, pronunciando unha conferencia sobre gandería galega. En 1927 asistiu ao V Congreso Internacional de Xenética, celebrado en Berlín, e en 1934 asistiu ao X Congreso Mundial de Lechería, en Roma e en Milán, representando ao Ministerio de Agricultura español.

Gallástequi en Vida Gallega en 1932.

Despois dunha pequena crise, a Misión Biolóxica trasladouse a Pontevedra en 1927, onde se instalou de forma provisional na Deputación. En 1928 trasladáronse ao Pazo da Carballeira de Gandarón, de 10 hectáreas de extensión, e quedou instalada definitivamente a Misión no Pazo de Salcedo, co apoio económico das deputacións de Pontevedra e Ourense.

En xaneiro de 1931, nomeouse un novo Padroado no que participaron o profesor Juan Rof Codina, Inspector de Hixiene e Sanidade Pecuarias da Coruña, Juan López Suárez, médico e agricultor e Álvaro Gil Varela en representación da Deputación de Lugo. Atendendo a solicitude do Concello de Vigo, o Padroado creou, en 1931, unha sucursal en Vigo, na leira de Miraflores, de 7 hectáreas de extensión, ata 1933.

A pesar das incertezas que provocou a guerra civil, en 1939 a Misión Biolóxica pasou a depender do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, sucedáneo da Xunta para Ampliación de Estudos, baixo a xestión dun Padroado no que participaban as catro deputacións galegas e os ministerios de Agricultura e Educación.[Cómpre referencia]

Cruz Gallástegui morreu no Pazo de Salcedo, en Pontevedra, aos 69 anos de idade e foi enterrado co cemiterio de Pousa (A Coruña).[3]

Obra escrita publicada

[editar | editar a fonte]
Pazo da Carballeira de Gandarón.
  • Cómo se debe hacer la selección en el maiz (1924). Lugo: Ronsel.
  • Métodos para aumentar las producciones de maiz (1927). Pontevedra: Deputación de Pontevedra.
  • Esbozo de programa agrario para Galicia (1931). Pontevedra: Imprenta de Celestino Peón Villar.
  • Las posibilidades de la economía agrícola y ganadera de Galicia (1932). Madrid: Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas.
  • Mejora de los rendimientos económicos en el cultivo del maíz: medios para ampliar la acción de la misión biológica de Galicia a todo el campo gallego (1944). La Coruña: Ediciones de la Delegación Provincial de Educación Popular (Jefatura Provincial del Movimiento).
  • El campo gallego (1958), Buenos Aires: Editorial Citania.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. A data de nacemento está en discusión. Mentres na web do seu concello de nacemento e no Diccionario Biográfico da RAH aparece o día 3, noutras fontes aparece o 5.
  1. 1,0 1,1 Martínez Artola, Alberto (2021). "GALLASTEGUI UNAMUNO, Cruz Ángel". Enciclopedia Auñamendi. Consultado o 21 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Pinar, Susana. "Cruz Ángel Gallastegui Unamuno". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Redacción (1 de outubro de 2017). "Cruz Gallástegui, 'el mago de las espigas'". diariodepontevedra.es (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]